Inicio |Novas | Documentos | Organización | Opinión | As. Mulleres | Comarcas | Contacto | Ligazóns | Baixadas | Imaxes| Administración | Tenda
 


 
   
 
O máis novo da tenda
[Sudadeiras] 100
30,00€
   
   
 

 

 
 
A Barbanza | A Coruña | A Estrada | A Mariña | A Montaña | Allariz - A Límia | Baixo Miño | Bergantiños | Compostela | Costa da Morte | Deza | Emigración | Ferrolterra | Lugo Centro | Lugo Sul | Muros - Noia | O Condado | O Morrazo | O Ribeiro | O Salnés | Ourense | Pontevedra | Valdeorras | Vigo |
 
Galiza Nova ( Portada do 12/03/2010 )
Histórico éxito de convocatoria da plataforma Queremos Galego!
Publicado o 19/10/2009 ás 13:14:16 en Xeral

Galiza Nova estivo presente, na maior manifestación da historia en defensa do galego, cunha animada comitiva integrada por un grandísimo número de mozas e mozos chegados de diferente lugares do país. A nosa organización desplegou dúas faixas, a de cabeceira co lema: O ensino en galego é o noso dereito! e outra coa imaxe de Castelao e a frase do Sempre en Galiza “Se aínda somos galegos e por obra e gracia do noso idioma”. Este deseño tamén foi  utilizado nos autocolantes que Galiza Nova xunto coas chapas LG: Eu Son de Lingua Galega estivo a repartir no transcurso da manifestación. Ao igual que sucedera na pasada convocatoria do 17 de maio a xente nova deixou patente unha vez máis o seu firme compromiso coa normalización do galego demostrando así mesmo, que loitará activamente contra todas aquelas medidas do PP que supoñan un a taque a nosa lingua e un paso atrás nos dereitos das/dos galegofalantes.

 

Queremos Galego comezou a súa andaina en Ourense
Publicado o 16/10/2009 ás 10:51:11 en Xeral | Nova da comarca de Ourense

Galiza Nova na Comarca de Ourense ao igual que está a acontecer no resto do país, participou da rolda de prensa para presentar a Plataforma Queremos Galego. Ao Acto que tivo lugar no Ateneo achegáronse diversos representantes de asociacións e institucións así como persoas vinculadas á cultura. Como primeira actividade da plataforma na comarca o xoves 15  tivo lugar un acto cómico cultural na zona central da rúa do Paseo para dar acoñecer a plataforma e animar á xente a asistir á manifestación do domungo 18.

 

 

Galiza Nova leva a situación do galego a un centro de Tui
Publicado o 16/10/2009 ás 10:29:52 en Xeral | Nova da comarca de Baixo Miño

O pasado martes, día 13 de outubro, o responsabel comarcal do Baixo Miño Xosué Campos Laxes, interviu nunha charla coloquio no IES San Paio de Tui para  presentar a plataforma Queremos Galego. Na mesma ademáis de explicar o porque desta plataforma, falouse do estado do galego e do retroceso que intenta impulsar o PP no tema linguistico no noso pais.

A asistencia foi moi boa, ao igual que a participación do estudantado e profesorado nunha ronda de preguntas que se realizou ao rematar a exposición

 

Remata o proceso de presentación de emendas nas comarcas.
Publicado o 13/10/2009 ás 18:08:44 en Xeral

Esta fin de semana tiveron lugar diferentes asembleas comarcais que puxeron remate ao proceso comarcal previo a Asemblea Nacional encetado o pasado 14 de setembro. Nestas xuntanzas presentaronse e debatéronse diferentes emendas referidas tanto a Tese Política e a de Situación da Mocidade como a de Organización, pasando á Asemblea Nacional para o seu análise e debate por parte do conxunto da militancia. Así mesmo o vindeiro 17 de outubro conforme ao establecido polo calendario asemblear terá lugar a última Dirección Nacional antes da cita do 24 e 25, nesta reunión concretaranse cuestións como o informe de xestión que se presentará ante o pleno da Asemblea Nacional.

 

Galiza Nova na comarca de Lugo leva a defensa da lingua ás festas do San Froilán
Publicado o 13/10/2009 ás 13:47:24 en Xeral | Nova da comarca de Lugo Centro

 Dende Galiza Nova queremos agrdecer o compromiso e colaboración coa nosa organización de todas e todos os artistas que participaron no concerto de Fuxan os Ventos que tivo lugar en Lugo o pasado 12 de outubro. Pois nun momento do mesmo despregaron no escenario ante centos de persoas, unha faixa en defensa do galego realizada polas compañeiras ecompañeiros de Galiza Nova na comarca de Lugo-Centro.

 

Galiza Nova participa da presentación de Queremos Galego en Lugo
Publicado o 12/10/2009 ás 13:16:50 en Xeral

Na comarca de Lugo vén de constituirse co apoio de máis de 50 aosociacións a Plataforma Queremos Galego, ao igual que no resto do país Galiza Nova participou activamente neste acto. Marica Campo exercerá como portavoz da Plataforma na comarca que ten como principal obxectivo aglutinar a todas as persoas que sintan o galego como seu e queiran protexelo e difundilo. Para ter información dos autobuses que haberá dende a comarca podes chamar ao 982 22 58 12.

 

Continúan os actos de constitución da Plataforma Queremos Galego!
Publicado o 11/10/2009 ás 11:26:06 en Xeral

O sábado 11 Galiza Nova participou na rolda de imprensa celebrada no Barco con motivo da presentación da Plataforma Queremos Galego na comarca de Valdeorras. Ao acto asistiron diferentes asociacións culturais, empresariais así como persoas vinculadas co mundo da música e a literatura. De cará a asistir á manifestación do día 18 ás 12:00 en Santiago haberá un autobús gratuíto dende a comarca, para máis información sobre a plataforma vai a  www.queremosgalego.org

 

Preséntase a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova.
Publicado o 09/10/2009 ás 11:32:31 en Xeral

Galiza Nova presentou publicamente en rolda de imprensa a súa XI Asemblea Nacional que se celebrará en Santiago de Compostela, no Instituto Xelmírez I, os vindeiros días 24 e 25 de Outubro, baixo o lema de Organizando a Mocidade, Loitando pola Patria Galega. Nesta Asemblea que se agarda que sexa a máis participativa na historia da organización ademais de elexirse unha nova dirección (formada en primeira instancia por 25 persoas ás que se sumarán as e os Responsábeis eleitos nas comarcas) fixarase tamén o traballo político de Galiza Nova para os próximos dous anos.

Leituras: 138 | Ler máis

Galiza Nova participa da presentación de Queremos Galego en Carballo!
Publicado o 09/10/2009 ás 11:31:59 en Xeral | Nova da comarca de Bergantiños

O pasado 8 de outubro tivo lugar en Carballo a constitución da Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte. A nosa organización como non podía ser doutro xeito forma parte da mesma e participou neste acto ao que acudiron militantes de Galiza Nova das dúas comarcas. Nos vindeiros días a plataforma comezará a súa actividade polas distintas localidades da zona, marcándose como primeiro obxectivo a mobilización que terá lugar o domingo 18 de outubro ás 12:00 na Alamemeda de Compostela.

 

 

Non quedes sen as Teses da XI Asemblea Nacional de Galiza Nova!
Publicado o 09/10/2009 ás 11:30:11 en Xeral
Os vindeiros 24 e 25 de outubro celebrarase en Compostela baixo o lema “Organizando a Mocidade, Loitando Pola Patria Galega” a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova. Serán tres as teses que se debaterán primeiramente nas asembleas comarcais e posteriomente na cita a nivel nacional. Nese sentido tanto na Tese Política, na Tese de Situación da Mocidade coma na Tese de Organización Galiza Nova tentou elaborar uns documentos que recolleran as principais problemáticas da mocidade e os diversos factores que as orixinan para poder avanzar na súa solución. Así mesmo tamén se recolle nestos textos unha análise sobre o contexto político internacional e nacional no que a nosa organización terá que actuar nos próximos anos.
Leituras: 198 | Ler máis
(c)2005 Galiza Nova - Nota legal